A agrupación socialista inicia unha campaña de afiliación

psoe-21 A Agrupación Socialista de Ferrol inicia unha Campaña de Afiliación, unha iniciativa que ten como novedoso un programa titorial, xa que, como destacan dende a Executiva Local, resulta de grande importancia a recepción, formación e capacitación de toda aquela persoa que inicie a súa militancia neste partido.

«Dalle vida ás túas ideas» é o nome desta iniciativa que nace este ano, como subliñan dende a dirección do PSdeG-PSOE de Ferrol, porque “no contexto de novos tempos se esixen novas respostas e ti decides”. O obxectivo da campaña é acadar un novo afiliado por cada militante socialista en Ferrol nos próximos 12 meses.

Esta campaña inclúe o desenvolvemento dun Plan de Formación e Capacitación da militancia a través dun grupo de formación integrado polos membros da Executiva Local –liderados pola súa secretaria xeral, Beatriz Sestayo- e militantes de base, que tamén participarán aportando os seus coñecementos. Así mesmo, está prevista a elaboración dun manual de información da Agrupación Socialista local. Hoxe mesmo, ás seis da tarde, están convocados na sede do PSdeG-PSOE de Ferrol (Pardo Bajo) os voluntarios e voluntarias que, xunto coa Executiva, queiran desenvolver o programa con obxecto de contribuír á recepción dos novos compañeiros e compañeiras de partido e colaborar na súa formación política como socialistas. Uns días máis tarde, o xoves 10, reunirase na sede –tamén ás seis da tarde- o grupo de formación para a elaboración do plan de formación.

Ademais, o día 17 deste mes haberá un curso de cibermilitancia, con aplicación das novas tecnoloxías que permita a información en tempo real de diversos aspectos cotiás en colaboración co Observatorio Social da Agrupación, que dirixe Carlos Piñeiro.

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa poden acudir a estas citas ou ben chamar á sede 981 320 480 de luns a venres polas tardes, entre 17.00 e 20.00, ou acudir persoalmente neste mesmo horario.

Lea también

El PSOE de Ferrol solicita una intervención con carácter de urgencia en la calle Valenta

La senda peatonal en la calle Valenta, en el barrio de San Pablo, está a …