Ferrol lembra ás vítimas de violencia de xénero

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto a representantes da corporación municipal, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros,  participaron no acto institucional celebrado na mañá do citado día.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto cunha representación da corporación municipal, a delegada territorial da Xunta e representantes de entidades sociais da cidade, Policía Nacional e Garda Civil, presidiu este 25 de novembro  o acto institucional conmemorativo do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, que se celebrou no salón de recepcións do Concello.

Antes de dar comezo o acto gardouse un minuto de silencio polas 1333 vítimas de violencia de xénero  que están computadas dende o ano 2003. Presentou o acto de homenaxe e recordo a xefa de protocolo do concello, Leonor Bermejo Fanjul.

 A concelleira de Muller, Elvira Miramontes fixo lectura da declaración institucional, que recolle que o número de mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de 2025 ascende a 38, e a 1.333 desde o 2003, cando se iniciou a recollida destes datos.

Así mesmo, o manifesto condena cada acto, cada agresor e tamén e a quen nega, minimiza ou xustifica a existencia desta violencia e recoñece o compromiso da cidadanía galega na loita contra a violencia machista.

Tomou seguidamente a palabra o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela. quen agradeceu á concelleira da Muller Elvira Miramontes o seu labor na configuración deste acto e de toda a programación establecida en torno a esta data

“Un ano máis, amosamos a nosa repulsa contra a violencia de xénero e non damos a esquecemento a ningunha das súas vítimas, tal e como reza o lema escollido este ano”, manifestou o alcalde. Así mesmo, lembrou que a violencia de xénero segue a ser un problema social de primeira orde que precisa da unión de toda a sociedade para erradicala. Neste sentido, amosou o total compromiso do Concello de Ferrol na loita contra a violencia de xénero..

Por último, todos os presentes leron frases reivindicativas contra a violencia de xénero, entre éles membros da corporación; a delegada territorial da Xunta; a comisaria xefe da Policía Nacional, Cristina Ochoa Nadal; o tenente da Garda Civil, Alfonso Castro Villa; o presidente das asociación de veciños do rural, Manuel Sendón; e a Sendón; e a representante da asociación de mulleres «Xuntas medramos«.

Rematada a lectura das frases reivindicativas o cuarteto da  Banda Ferrolá de Música formado pro Ana Vergara Pérez (trombo); Esteban Barcia Galego (trombón); Silvia Balseiro Gregorio (clarinete) e Alejandra Medín Doce, clarinete); interpretaron «La fille aux cheveux de Lin, de Claude Bedussy», «Negra Sombra, de Xoán Montes»; «Lela, de Rosendo Mato»; e «Praeludium, de Clara Schumann».

Aplausos e o acto finalizou co despregamento dunha pancarta conmemorativa no balcón do pazo municipal.

Todas aquelas vítimas de violencia de xénero poden recibir axuda a través do teléfono 016, mediante consultas en liña a través do enderezo electrónico 016- online@igualdad.gob.es; da canle de WhatsApp no número 600 000 016 e do chat en liña, accesible desde a páxina web www.violenciagenero.igualdad.gob.es/.

PROGRAMACIÓN 25N

O Concello de Ferrol artellou unha amplia programación arredor desta data. O xoves 27, ás 19:00 horas na Casa da Muller, levarase a cabo o coloquio Ferrol en feminino que disertará sobre A invisibilidade da muller nas artes como causa de violencia de xénero coa historiadora Marisé Pena. E ao día seguinte, no Edificio social, a xornada A cara B das violencias machistas, de 10:30 a 13:30 horas.

Tanto o venres 28 como o sábado 29, durante todo o día, nos locais hostalería poderase ver o espectáculo itinerante de microteatros contra a violencia machista.

E súmanse dous actos máis o sábado 29 ás 12:00 horas na AVV de Viladóniga-Vilasanche o obradoiro en familia Únete para poñer fin á violencia dixital, e pola tarde ás 19:30 horas no teatro Jofre o acto cidadán contra a violencia de xénero, coa lectura da declaración institucional do 25N, proxeccións audiovisuais protagonizadas pola sociedade ferrolá e as actuacións musicais a cargo de Violeta Veinte e da Cía de Fran Sieira.

O domingo 30 está prevista a VI Carreira e Andaina contra a Violencia Machista e a III Marcha Ciclista do Concello de Ferrol, con saída en ambos casos ás 11:00 horas do Cantón de Molíns. Para participar tanto na carreira como na andaina, as inscricións poden realizarse na páxina de carreiras galegas e o prazo finaliza o 27 de novembro ás 23:59 horas. O xoves 27 e o venres 28 entregaránse os dorsais e camisetas na Casa da Muller de 09:00 a 14:00 horas e tamén o mesmo día da carreira dende as 09:00 horas ata o inicio da mesma.

Ademais, levarase a campaña do 25N a encontros deportivos do Club Universitario de baloncesto Baxi, o Parrulo Fútbol Sala, Abeconsa Basketmi Ferrol e Racing de Ferrol.

Lea también

Ferrol celebra The Burger Cup, una oportunidad única para disfrutar de las hamburguesas más virales

La Plaza de Armas de Ferrol acogerá del 15 al 19 de julio una nueva …