A Deputación da Coruña presenta o programa MercaNaVila aos comerciantes de Ortigueira

A deputada de Emprego, Rosa Ana García, reuniuse hoxe coa Asociación de Comercios de Ortigueira. MercaNaVila permitirá ás persoas consumidoras obter bonos de 100 euros en descontos directos para mercar nos establecementos adheridos.

A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García, reuniuse esta semana na tenda Goda Moda de Ortigueira con membros da Asociación de Comercios de Ortigueira para presentar o programa MercaNaVila e resolver dúbidas sobre o proceso de adhesión dos establecementos interesados.

A iniciativa, impulsada pola Deputación da Coruña en colaboración coa Federación Galega de Comercio, está dotada con 6 millóns de euros para apoiar o comercio local nos concellos de menos de 20.000 habitantes e dinamizar as compras de proximidade.

Os comercios poden adherirse ao programa ata o 20 de outubro a través da plataforma www.mercanavila.gal, onde tamén se explica o procedemento de validación dos descontos e o sistema de reembolso.

Rosa Ana García explicou que “MercaNaVila é unha ferramenta directa para incentivar as vendas e fortalecer o comercio dos pequenos municipios, que é un motor esencial para a economía e o emprego das nosas vilas. O obxectivo é mobilizar arredor de 25 millóns de euros en vendas nos comercios das vilas e pobos da provincia da Coruña”, explicou a deputada, que sinalou que en apenas uns días xa hai máis de 570 tendas e negocios inscritos para participar nesta campaña de dinamización do comercio local.

Descontos de 100 € para compras en comercio local

O programa permitirá ás persoas consumidoras obter bonos de 100 euros en descontos directos para mercar nos establecementos adheridos, con bonos que estarán dispoñibles para descargar no móbil a partir do 20 de outubro.

A reunión en Ortigueira forma parte das accións informativas que a Deputación está a desenvolver por toda a provincia para difundir o programa e acompañar os comercios locais no proceso de inscrición e posta en marcha do programa MercaNaVila.

Lea también

Las obras de acondicionamiento en Meirás y Sequeiro en Valdoviño arrancan con una inversión de 137.000€

Corresponden a un segundo contrato que el Ayuntamiento de Valdoviño financiará con cargo al POS …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *