O Pavillón da Mocidade acolle o Open Concello de Narón de Boccia

O pavillón da Mocidade en Narón, na Gándara, acolle os días 28 e 29 deste mes o Open Concello de Narón de Boccia

O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento xunto con Gonzalo Sueiras, integrante da ASCM e un dos participantes neste evento tal e como indicaron, comezará na xornada deste venres 20 en Vigo e terá continuidade esta fin de semana na cidade. O Concello e a Asociación Sociocultural ASCM organizan a convocatoria, na que colabora a Federación Galega de Deporte Adaptado colabora neste evento.

O sábado disputarase o evento dende as 9:30 horas pola mañá e tamén pola tarde, a partir das 16:00 horas, xogando as categorías BC3 e BC 5 e o domingo os partidos darán comezo ás 9:30 horas e rematarán ao mediodía. Dende a ASCM avanzaron que se trata dun deporte “moi especial que continuamos potenciando” e indicaron que arbitrarán o Open árbitros a nivel nacional.

Pola súa banda, o edil de Deportes destacou o traballo desenvolvido dende a ASCM, entre outros, para fomentar a práctica deste deporte, do que o pasado ano a cidade acolleu unha liga autonómica. O edil incidiu na importancia “de seguir apostando e loitando pola plena inclusión na sociedade de todas as persoas que teñen algún tipo de discapacidade e dende o Concello contarán con todo o noso apoio e implicación para seguir avanzando cara a este obxectivo”.

Lea también

Narón celebra o XI Encontro de Rondallas e a XVIII Festa do Churrasco

Actuarán as rondallas Añoranzas, Só Elas, Lucero del Alba e Trobadores de Ares. A concelleira …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *