Os grandes valores do atletismo galego danse cita no Campeonato Sub-18 en pista AL

Fuente Federación Galega de Atletismo /Lydia Valdes

Cita importante a que que se vivirá esta fin de semana en Pontevedra durante a disputa do XXX Campionato Xunta de Galicia Sub18 á que están chamados a tomar parte boa parte das mellores atletas galegos da actualidade.

Á procura dos metais e das míninas para os campionatos de España 

Nas probas de velocidade estaremos moi pendentes ao gran duelo que manterán tanto nos 100 m. como nos 200 m.  Adrián Bernárdez do Atletismo Celta e o medallista de bronce nacional do pasado ano Sebastián Bascoy do Coruña Comarca, que están progresando nos últimos anos de maneira moi importante neste sector. Xunto eles o medallista de subcampión de España sobre os 400 m. nos pasados campionatos de España indoor Martiño Salgado do Celta, posiciónase tamén para o título.

O líder nacional dos 800 m. e bronce nos campionatos de España indoor deste ano Javier Picos do Marineda Atlético,  parte como claro favorito sobre esta distancia ao igual que a tamén subcampiona de España indoor en Valencia Sabela Martínez da Gimnástica na categoría feminina.

Atención a presenza do campión de España indoor Alex Sierpes do Vicky Foods sobre os 3.000 m., quen logo de facer unha tempada expectacular no inverno, aspira a repetir resultados na de aire libre. Pola sua banda Eva Rouco do Lucus Caixa Rural será outra das atletas detacadas a quen veremos tomando parte na proba dos 1.500 m.

A subcampioa de España Sub16 de obstáculos no 2024, Paula Fernández da Gimnástica, lidera a proba dos 3000 m. cun rexistro de 9:45.37 polo que será a rival a batir.

Interesantísima carreira a que protagonizarán sobre os 2.000 obstáculos as atletas María Estévez da Gimnástica, mellor marca española do ano, e Demeku Paniagua de O Pino. Na mesma modalidade, o líder do ranking nacional Pablo Vázquez do Atletismo Narón, estará competindo por rebaixar ese importante rexistro que acredita de 5:59.97 do pasado maio.

Nos concursos de altura contaremos ca presenza dos dous últimos medallistas de bronce do pasado campionato de España Sub18 de pista curta, Iria Solera do Ourense Atletismo quen parte como clara favorita de altura grazas aos 1.70 m. e Gael Couñago do AD CAR que estará intentando superar a mítica barreira dos dous metros.

Continuando cas líderes do ranking RFEA das distintas probas e modalidades, no concurso de lanzamento de peso, a campioa de España Sub16 do pasado ano Aitana Capeáns do Ourense Atletismo, será outra dos principais reclamos deste campionato por partida dobre, xa que temén estará lanzando en disco.

Sen abandoar os lanzamentos, novamente o plumarquista, campión de España e líder do ranking RFEA Hugo Casañas do Ourense Atletismo, estará focalizando toda a atención nos concursos de peso e disco na procura de seguir rachando topes, sobre os que asemella seguirá mellorando plusmarcas.

No martelo, a lanzadora do Atletismo Sada Lydia Valdes parte como clara favorita grazas aos seus 54.47 m. acreditados este ano en Castellón. De igual modo Anxo Filguiera do Atletismo Rías Baixas posicionase como claro favorito para lograr a título autonómico sobre o mesmo círculo de martelo.

Xa por último, será  Icia Ares do Ourense Atletismo na proba da marcha, quen defenda o título galego logrado o ano pasado en Balaídos.

Lea también

Miriam Casillas, a por el top-20 de las Series Mundiales en la etapa italiana de Alghero

La olímpica del Triatlón Ferrol disputa este sábado la tercera cita del circuito mundial en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *