O grupo municipal socialista «comina ao alcalde» a que impida o peche do Parador. O BNG pregunta no Congreso

«O Grupo Municipal Socialista «comina ao alcalde» a que defenda os intereses da cidade e impida o peche do Parador de Turismo de Ferrol

Así se indica nunha nota enviada aos medios de comunicación na que se sinala que

«Logo de coñecer o anuncio do peche do Parador, os socialistas requírenlle ao alcalde, actual presidente da FEGAMP, xunto co concelleiro de Turismo, actual Presidente da Deputación Provincial, para que fagan valer a súa posición dentro do Partido Popular, e concerten urxentemente unha reunión co Ministro de Industria, Enerxía e Turismo, Jose Manuel Soria,  para evitar o peche do establecemento. O Grupo Municipal Socialista insiste na necesidade e urxencia desta reunión a tres bandas, para que o alcalde da cidade e o concelleiro de turismo lle expliquen ao Ministro as políticas turísticas que ten pensado o goberno local para promocionar a nosa cidade.

 O Grupo Municipal Socialista manifesta que “non podemos consentir nin unha soa infraestrutura máis pechada na nosa cidade, que dependa da administración pública, sexan esta estatal, autonómica ou local.” Para os socialistas estas infraestruturas forman parte do patrimonio de todos os ferroláns e ferrolás.”

 Así mesmo, os socialistas lembran o anuncio en prensa respecto ao arquivo naval de Ferrol, no que se informaba de que será trasladado tarde ou cedo a Ciudad Real.

 Polo que o Grupo Municipal Socialista anuncia que preguntará na vindeira comisión de cultura e turismo ao respecto das xestións que se fixeron e se pensan facer, dende o goberno local, respecto ao futuro traslado do Arquivo Naval de Ferrol e do peche do Parador de Turismo de Ferrol. Finalmente, tamén interpelarán ao goberno local para que informen á oposición das políticas turísticas que ten pensado levar a cabo para promocionar a nosa cidade como se merece.

Pregunta do BNG

A deputada do BNG no Congreso,  Rosana Pérez, solicitou  a comparecencia urxente da Presidenta de Paradores de España para que acuda á Cámara a dar explicacións do “duro e salvaxe Plan de peche dos paradores galegos de Ferrol e Verín, o anuncio de peches parciais doutros paradores e a eliminación de centos de postos de traballo”.

A deputada do BNG considera que a responsábel da rede de paradores do Estado debe “explicar na Cámara o plan de peche de establecementos en todo o Estado, e en concreto na Galiza, e a supresión de 644 empregos en todo o Estado”.

Rosana Pérez quer que a Presidenta de Paradores diga se “nos dous últimos anos aprobou medidas e plans para atraer demanda e impulsar a ocupación dos paradores. Debe aclarar se se levou a cabo algún Programa destinado a aumentar a ocupación nestes establecementos porque antes de pechar paradores e mandar a máis persoas ao paro se deben adoptar outras medidas”.

A deputada do BNG acompañará estas iniciativas doutras porque se trata dun tema importante, “e outra vítima inxusta dos salvaxes recortes do PP que nos vai deixar sen nada”.

Para a parlamentar nacionalista “a responsábel dos Paradores debe aclarar aspeito como que se queira pechar o establecemento de Ferrol que acumula perdas de 50.000 euros en relación ao ano pasado cando noutros que non se van pechar levan unhas perdas que ascenden a 300.000 euros”.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …