Daniel Ríos, edil de Urbanismo e Infraestruturas, explica que xa se executaron proxectos semellantes en Andrade e Vilar, “e está xa aprobado e con consignación económica o proxecto de Boebre». O Concello de Pontedeume vén de sacar a licitación os traballos de construción dun novo aparcadoiro na parroquia de Ombre.
A actuación consistirá no acondicionamento dunha parcela previamente adquirida polo Concello, coa finalidade de crear arredor de 40 prazas de estacionamento nas inmediacións da Igrexa de Santa María de Ombre.
As empresas teñen 20 días naturais para presentar as súas ofertas. O orzamento previsto para a execución das obras ascende a aproximadamente 100.000 euros.
«Esta actuación enmárcase na liña estratéxica iniciada polo goberno no ano 2015, centrada na creación de zonas de aparcamento próximas ás igrexas parroquiais», sinala o concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Daniel Ríos.
O edil explica que se executaron ata o de agora “proxectos semellantes nas parroquias de Andrade e Vilar, e está xa aprobado e con consignación económica o proxecto de Boebre, que sairán a licitación ao longo deste ano».
“Ademais, o Concello segue a traballar na obtención dos terreos necesarios para continuar con esta liña de actuación nas parroquias de Centroña e Nogueirosa” conclúe Ríos.