Integrantes do Club Triatlón Ferrol acuden ó Cto galego de dúatlon contra o reloxo por equipos

O Club Triatlón Ferrol contará este sábado 15 con dous equipos masculinos no campionato galego de dúatlon contra o reloxo por equipos que de celebrará en Vedra.
 
Fuente Club Triatlón Ferrol
 
O primeiro equipo estará formado por gran parte dos duatletas que participaron a pasada fin de semana no campionato de España de grupos de idade desta modalidade. Repiten Juanchi González, Luis Rilo, Roberto Martínez e Víctor Santillana e súmanse Martín Bellas e Chespi Pena.
 
Na proba aberta participará un segundo equipo ferrolán con Sito Alvite, Marcos Caneiro, Tom Rodríguez, Mario López, Fran Pérez e Gonzalo Jiménez.
 
Os equipos comezarán a saír ás 16:00 horas do sábado para completar no menor tempo posible o circuíto de 5 km de carreira a pé, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira.

Lea también

El Real Madrid Castilla le sacó los colores a un Racing ridículo (0-5)

M. V. En caída libre, así se encuentra el Racing cuando faltan 6 jornadas para …