Ángel Mato, secretario de Transición Enerxética e Planificación Industrial na Executiva do PSdeG-PSOE

Ferrol terá presenza no Comité Nacional do PSdeG-PSOE coa incorporación de Rafael Fernández Beceiro, Natividad González Laso, Julián Reina Villalón e Ana Lamas Villar.

O PSdeG-PSOE de Ferrol celebra a designación de varios dos seus representantes nos principais órganos de dirección do partido a nivel autonómico.

O ex alcalde de Ferrol, Ángel Mato, foi nomeado secretario de Transición Enerxética e Planificación Industrial na Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE, unha área clave para o desenvolvemento económico sostible e a reindustrialización de Galicia.

Ademais, o Comité Nacional do PSdeG contará coa representación de Ferrol a través de Rafael Fernández Beceiro, Natividad González Laso, Julián Reina Villalón e Ana Lamas Villar, quen contribuirán ao debate e á toma de decisións na estrutura interna do partido.

O Secretario xeral de Ferrol, Ángel Mato expresou o seu agradecemento pola confianza depositada e destacou a importancia de que Ferrol teña voz na definición das políticas estratéxicas do partido.

«Asumimos esta responsabilidade co firme compromiso de traballar por unha Galicia máis sostible e industrialmente forte, e especialmente por un Ferrol que manteña o seu liderado en sectores clave como a enerxía e a industria naval», declarou Mato.

Lea también

El plan de barrios de Ferrol llega a la zona rural de Papoi

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, y el concejal de Servicios y Zona …