Teatro de temática social en Valdoviño abre e pecha a programación cultural de febreiro

Valdoviño inaugura e pecha a programación cultural do mes de febreiro con teatro de temática social e dúas das mellores compañías da escea galega, que traen á localidade dúas das súas últimas produccións.

Este domingo, Os Náufragos Teatro presentarán ao público valdoviñés «HUGO», premio María Casares ao mellor espectáculo para a infancia, e Baobab Teatro ofrecerá o 23 de febreiro «Ás para Álex», premio «Provincia a Escena» na XXV Feira de Teatro Castela e León-Ciudad Rodrigo, por votación dos programadores culturais.

A primeira cita será con «HUGO» este domingo 2 de febreiro ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. Trátase dunha peza para tódolos públicos que aborda, coa máxima sensibilidade, as microdiscriminacións diarias experimentadas polas persoas con TEA. Así, «HUGO» fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza e da importancia da diferenza. Ser diferentes fainos grandes.

Unha aprendizaxe a través da historia de Hugo, un neno diferente ao que lle gustan moito os avións e tocar o piano, e de Laia, que visita a Hugo cada día e á que lle gusta falar e coidar das súas plantas. Unha obra ao redor do encontro entre dúas persoas iguais con diferentes formas de comunicarse.

A peza está dirixida por Gustavo del Río e conta cun texto creado co asesoramento e colaboración de ASPERGA, a Asociación galega de síndrome de Asperger. Chega a Valdoviño da man da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Lea también

Inaugurada no Torrente Ballester a exposición «Orixes IIII-Traslocastro MMXXIV»»

A concelleira de Turismo e Patrimonio, Maica García, e Juan Luis Montero Fenollós profesor de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *