Se incorpora ao Xeoportal de Narón o visor Rueiro nun clic

A concelleira de Estatística de Narón, Mar Gómez, avanzou a entrada en funcionamento da aplicación web Rueiro nun clic, un visor impulsado dende o Concello e a disposición da cidadanía, administracións, empresas e demais interesados a través do Xeoportal do Concello de Narón.

O visor “permite a visualización do rueiro da cidade e da numeración oficial asignada aos inmobles de toda a zona rural e parte da urbana, xa que se está traballando para rematar os últimos núcleos, un labor que se realizará progresivamente”, apuntou. O acceso tal e como avanzou a edil naronesa pode realizarse mediante o seguinte enlace: https://naron.maps.arcgis.com/apps/instant/sidebar/index.html?appid=dfc2124201084e96b75ed6594a33d28c

Gómez, asegurou que se decide poñer operativo e a disposición das persoas interesadas ao estar moi avanzado e ser unha ferramenta moi útil e demandada pola veciñanza e algunhas empresas. A maiores, o visor ofrece unha ferramenta de búsqueda de ubicación de vías ou vivendas mediante a denominación da vía, do enderezo oficial asignado ou da parcela catastral que ocupa o inmoble, permitindo ao mesmo tempo acceder á cartografía catastral.

“Para facilitar máis as labores de busca, incorporouse o dato da dirección anterior no caso daqueles inmobles nos que se modificou o enderezo, podendo localizalos tanto polo anterior como polo oficializado máis recentemente”, explicou a concelleira.

Lea también

Aparatoso accidente de tráfico, con heridos , en la AC-116, en O Val-Narón

Cerca de las nueve y media de la mañana de este viernes se registró un …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *