Reunión informativa en Narón para representantes das comparsas de Entroido

O Pazo da Cultura acolle este venres 24 unha reunión informativa sobre a celebración do Entroido en Narón, convocatoria que se levará a cabo o día 1 de marzo.

A esta xuntanza están convidados os representantes das comparsas interesadas en participar nesta celebración. Neste encontro, que dará comezo ás 19:00 horas, tal e como se avanzou, informarase ás persoas asistentes sobre as liñas xerais das bases de participación no festival de comparsas.

Lea también

Unha unidade móbil de doazón de sangue achegarase a Narón en tres xornadas ao longo desta semana

O Concello de Narón colabora coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos na campaña …