Deputación e Orgullo Galego presentan un programa para fomentar o galego nas RRSS

A área de lingua da Deputación presentou o programa ‘O galego e as redes sociais’ que desenvolve en colaboración con Orgullo Galego. A deputada, Soledad Agra, e o responsable do medio dixital, Borja Iglesias, deron a coñecer os detalles deste proxecto que nace para fomentar o uso do galego nas redes sociais, e amosar os contidos que se están desenvolvendo entre a mocidade.

Fuente Diputación de A Coruña

En concreto, realizaranse 20 obradoiros en centros de ensino público de secundaria da Costa da Morte e Terras de Soneira, impartidos por Orgullo Galego,  unha comunidade en redes que naceu en 2016 e que na actualidade conta coa comunidade máis grande en lingua galega. “O seu traballo a prol da difusión e da cultura e da lingua galega é extraordinario, polo que quixemos traballar con el para fomentar o seu uso entre a rapazada, a través dunha ferramenta tan valiosa como son as redes sociais” sinalou a deputada.

“Podemos facer un gran traballo para potenciar o galego nas redes sociais, por iso queremos animar a crear contido na nosa lingua, e tamén amosar todo que se está facendo agora mesmo, que é moito e dunha gran calidade” afirmou Soledad Agra, “de aí este proxecto que desenvolvemos da man dun dos creadores dixitais de referencia no país”.

Fuente Diputación de A Coruña

O responsable de Orgullo Galego, Borja Iglesias, explicou o detalle destas charlas, “nas que amosamos a situación actual da lingua nas redes sociais, a súa evolución dende os anos 90, e vemos as canles que hai en galego que falan de temas moi diversos: deporte, ciencia, cultura, tecnoloxía…”. Ademais, “mostramos que a lingua galega non é un atranco para crear contido, xa que nos permite chegar a milleiros de persoas de todas as partes do mundo,  como é o caso de Orgullo Galego”.

Estes obradoiros, que xa se desenvolveron noutros centros de Galicia, “teñen unha resposta moi boa, tanto entre os e as galegofalantes como os que non o son. Incluso a raíz destas charlas xurdiron algúns podcast, emisións en Twitch e canles de YouTube en galego”.

Lea también

Veinte centros educativos de Galicia participan en el programa de EduReferentes

En Ferrolterra participan el CIFP Ferrolterra, el CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol, y el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *