As Somozas, galardoada con tres Flores de Honra no certame ‘Vilas en Flor Galicia’

O Concello das Somozas conseguiu, por segundo ano consecutivo, tres ‘Flores de Honra’ na súa terceira participación no programa ‘Vilas en Flor Galicia’.

Este certame, impulsado pola Fundación Juana de Vega, recoñece en forma de galardóns, chamados Flores de Honra (entre 1 e 5), a traxectoria e as accións levadas a cabo polos municipios galegos de menos de 40.000 habitantes na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.

A edición deste ano contou con 42 concellos inscritos e o concelleiro de Obras, Manuel Pico Hermida, recibiu o galardón o pasado 15 de novembro nun evento celebrado na Casa do Concello de Salvaterra de Miño, anfitrión da gala.

Este programa, que distinguiu ao municipio somocense con tres Flores de Honra por segundo ano consecutivo, está encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística, na liña dalgunha das multifuncionalidades da infraestructura verde. Con este proxecto preténdese a mellora estética e funcional do territorio mediante o recoñecemento público daquelas actuacións medioambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos.

Ademais do diploma acreditativo, todos os municipios instalarán un sinal de estrada na entrada dos núcleos urbanos para remarcar a súa pertenza ao programa e o seu esforzo pola xestión sostible dos espazos verdes como eixo fundamental das políticas municipais para facer dos concellos bos lugares para vivir e visitar.

O concelleiro de Obras, Manolo Pico, recolleu o premio e destacou “a importancia de recibir recoñecemento para un municipio como As Somozas, que destaca a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación da veciñanza no coidado da contorna”. Tamén sinalou a “importancia de que o nosa vila fose premiada por segundo ano consecutivo con 3 flores de honra, nunha iniciativa de tanto calado a nivel social en toda a comunidade galega”.

Lea también

Valdoviño aplicará a los parques eólicos el ICIO más alto permitido por la normativa

El Ayuntamiento de Valdoviño aplicará a los parques eólicos el gravamen más alto permitido por …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *