Unha unidade ADOS visita Narón a vindeira semana

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visita este luns 21 e martes 22 Narón, nas inmediacións do novo centro de saúde.

O vehículo permanecerá operativo durante as dúas xornadas en horario de mañá, de 9.30 a 14.30 e tamén polas tardes, de 15.30 a 21.00 horas. As persoas que acudan a doar a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo.

Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. Dende ADOS informouse que as persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

A campaña Merca Nadal de Narón reparte 2.000 euros en vales de compra

O Concello de Narón acolleu o acto de entrega dos tres vales de compra correspondentes …