O alcalde de As Pontes reúnese coa Ministra de Vivenda para analizar a situación do mercado de alugueiro

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, reuniuse esta semana coa ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, para analizar a situación do mercado de alugueiro no municipio.

Fuente Concello de As Pontes

Durante este encontro, o rexedor local presentoulle á ministra as principais conclusións do Plan de Vivenda das Pontes e solicitoulle axuda para poder desenvolvelo. Nese sentido, González Formoso, incidiu na necesidade de poñer en marcha axudas para as persoas propietarias de vivendas en alugueiro “co obxectivo de fomentar a renovación dos pisos que estean obsoletos para, deste xeito, aumentar a oferta”.

González Formoso tamén puxo sobre a mesa a posibilidade de abrir vías de colaboración pública ou público-privada para promover vivendas de alugueiro para mozos e para persoas traballadoras “nun momento no que estamos a ver como crece a demanda de vivendas en alugueiro debido ao aumento da actividade nos polígonos industriais e á chegada, continúa, de novos traballadores”.

Pola súa banda, Isabel Rodríguez comprometeuse a analizar o Plan de Vivenda das Pontes así como as necesidades trasladadas polo rexedor local, sinalando que “con moita brevidade posibles comezarase a traballar co SEPES para explorar como concretar as axudas do Ministerio de Vivenda”.

Lea también

Una conductora accidentada al colisionar dos vehículos en Franza, Mugardos

Sobre las nueve y media de la mañana de este jueves, día 21, se registró …