As Pontes renova o paso sobre o río Chamoselo en Pedrafita

O Concello das Pontes ten previsto acometer a renovación do paso sobre o río Chamoselo en Pedrafita, na parroquia do Aparral, unha vez concedida a autorización necesaria por parte de Augas de Galicia.

Fuente Concello de As Pontes

A través desta actuación o Concello busca solucionar os danos producidos tanto no paso existente como no viario polas fortes choivas que tiveron lugar durante o pasado inverno e que provocaron un aumento do caudal do cauce do río que causou o colapso do paso, dos muros da escolleira así como o afundimento da estrada.

Para a reparación do paso procederase, en primeiro lugar, á demolición da estrutura existente que será substituída por unha ponte formada por una lousa de formigón armado que sera executada, in situ, servindo como taboleiro para unha estrutura que irá apoiada sobre ambos lados do caude, en sendos estribos, formados con muros de escolleira.

Ademais procederase á reposición do firme da estrada, prevéndose, nas zonas nas que se executarán excavacións, a extensión dunha capa base con zahorra artificial previa á extensión da capa de rodadura con aglomerado en quente.

Lea también

Ence y ShareTex superan las primeras pruebas de reciclado químico téxtil para la planta piloto de As Pontes

Ence y la startup sueca ShareTex han realizado con éxito las primeras pruebas de reciclado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *