Ferrol en Común quere denunciar a actual situación que padece a Banda Municipal de Música. «Unha situación que tras moitos anos de problemáticas e de non actividade, o goberno do Partido Popular anunciaba en decembro de 2023, que retomarían as súas funcións que foran interrumpidas pola pandemia e por problemas internos».
«Solucionándose así un dos seus principais obstáculos como é a falta dun director que non permitía realizar as labores propias de coordinación e organización necesarias. Asi pois, esta situación se subsanaría coa incorporación dunha das persoas que formaban parte da agrupación musical como coordinador ata que non se licitara a praza de director que estaba sen cubrir».
«Pero tras interesarnos por este tema na comisión informativa de cultura, informábase que a persoa ata agora responsable cursou a súa renuncia por non ter regulada a situación e por non percibir ningunha retribución polas funcións que desempeñaba, polo que non seguirá realizando as accións necesarias para que a Banda de Música poida ter unha vida activa na cidade».
«Así pois, voltamos outra vez a ter unha banda de música mermada e sen actividade, percibindo novamente como periga o prestixio acadado en etapas anteriores».
Dende Ferrol en Común «non entendemos como se permite dende o goberno voltar a situacións anteriores e non considerar a creación desta praza cando se modificou a RPT igual que, por exemplo, si se consideraron outros postos sen consenso por parte das organizacións sindicais».
«Trátase dun posto clave para o noso concello e a cultura da cidade e é necesario dotar a estas persoas de tódolos medios para que poidan realizar o seu traballo e non se vexan afastadas dasúa labor como funcionarios e funcionarias públicas que son».
«Insistimos na necesidade dunha visión cultural estratéxica e na posta en valor para que a área de cultura teña a importancia que merece, pero o Partido Popular prefire non dotala dos recursos persoais necesarios, primeiro coa non convocatoria da praza de técnico de cultura, figura moi importante para as xestións e necesidades da concellería, e así como neste caso, o non convocatoria desta praza de director ou directora que nos permitiría disfrutar da calidade indiscutible dos nosos músicos e músicas municipais».