Ferrol en Común a través dun comunicado afirma «se deu conta doutra das medidas estrela no que levamos de mandato. Ao nomeamento masivo de asesores, a suba do recibo da auga, súmase agora un catastrazo que vai supor o incremento do recibo do IBI, a contribución, ao 0,69%».
«Mentres a cidade segue plagada de baches, mala iluminación, edificios públicos en ruinas e moitas novas e convenios anunciados con outras administracións que no fructifican en nada tanxible, a estrutura partidista e mediática que o alcalde de Ferrol ten montada para vanagloria do seu mandato valeiro de contido político ten un alto custo económico que se vai repercutir en todos e cada un dos veciños da cidade».
«Non hai avances en vivenda, en infraestruturas, en emprego a iniciativa municipal, so en blindar cargos e salarios, a sobrecarga impositiva sitúanos no máis alto do ranking das cidades galegas, cando os servizos que se prestan non son para nada correlativos ou equiparables ao resto de grandes cidade por incompetencia na xestión».
Ferrol en Común insta ao goberno municipal «a dar un paso atrás nesta medida, esixe que se retire a proposta, anunciada sen trasladar ningún tipo de documentación e información para a súa análise á oposición, que representa un novo déficit democrático apropiándose das institucións en interese propio».
«No seu lugar propomos o cese de todos os asesores políticos nomeados e así poder paliar ese suposto déficit económico que ten o gasto corrente, e menor gasto suntuario en actos e a súa publicidade, que nada aportan en mellorar a vida da xente».