O Consello sectorial da lingua avanza a programación dos próximos meses

A concelleira de Normalización Lingüística de Ferrol, Patricia Cons, presidiu o Consello sectorial da lingua, do que forman parte un representante de cada grupo municipal, así como un representante da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, da Mesa pola Normalización Lingüística e da Fundaçom Artabria.

Durante a sesión, entre outros asuntos, deuse conta dos programas de dinamización lingüística do período de outono e Nadal de 2024. Así están as actividades de Apego de outubro a decembro, a festa de Apego en Nadal, o Clube de debate para os centros de secundaria- que comezará en novembro-, o proxecto Youtubeiras+ e que xunto co Certame de poesía e imaxe, forman parte do amplo programa de dinamización.

Lea también

Ferrol irá de la mano de la Xunta y Ecovidrio para impulsar el reciclaje de vidrio

El Concello de Ferrol espera aumentar el reciclaje del reciclaje de vídeo y que eso …