Un ano máis, Ferrol sumouse á Noite Europea dos Investigadores, un evento de divulgación científica que busca achegar á cidadanía o traballo dos investigadores profesionais. Este pasado venres realizáronse na cidade diversas actividades gratuítas, en colaboración coas universidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.
No Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) organizáronse pola mañá diferentes obradoiros dirixidos ao público escolar, mentres que pola tarde as actividades estiveron abertas ao público en xeral. Os asistentes puideron gozar de demostracións relacionadas cos polímeros, túneles de vento, impresión 3D e outras tecnoloxías emerxentes. Toda a programación estaba dispoñible na páxina web oficial do evento.
GNIGHT EN CANIDO
Pola tarde, no Centro Cívico de Canido, a partir das 18.00 horas, desenvolvéronse unha serie de obradoiros centrados no día a día da economía, as finanzas e o mercadotecnia. Nestes obradoiros asistiu un numeroso público, entre eles membros do concello de Ferrol.
Durante as sesións, os profesores Joaquín Enríquez, Javier Orosa e Begoña Álvarez, xunto coas investigadoras Xhania Aneiros e Tania Carril, abordaron temas como a inflación, os tipos de interese, os préstamos, as hipotecas, as nóminas, así como as estratexias de mercadotecnia e a moda sostible.
A participación activa dos asistentes e a calidade das ponencias destacou nesta edición, consolidando en Galicia (G-Night) a Noite Europea dos Investigadores como un evento clave para achegar a ciencia e a investigación a todos os públicos.