O Concello de Cedeira ten aberta a inscrición nos cinco obradoiros que se van impartir no marco da primeira edición do festival internacional de artes escénicas “Dende a nada”, que se vai desenvolver na localidade do 18 ao 27 de outubro.
Mestres de prestixio impartirán sesión adicadas a cuestión como a construción dun espectáculo, as ferramentas narrativas, a expresión corporal, etc, con precios de inscrición populares, de 4 ou 12euros.
O primeiro dos obradoiros será “Creación dun espectáculo a través de experiencias persoais” desenvolverase no Auditorio, de 10.30 a 13.30 horas, os días 19 e 20 de outubro. O inglés Jamie Bradley, artista, director, actor e escritor, ofrecerá nestas sesión elementos e métodos para crear pezas teatrais visuais coas técnicas de narración que desenvolveu ao longo da súa carreira. A inscrición ten un prezo de 12€.
“Corpo habitado” é o título do segundo obradoiro, que impartirá o 23 de outubro a bailarina lucense Esther Latorre. O obxectivo será achegarse aos movementos básicos de iniciación á danza contemporánea, sen necesidade de coñecementos ou experiencia previa. Haberá unha sesión no Auditorio, de 17.00 a 19.00h e a inscrición custa 4€.
Simone Jenkinson, artista inglesa afincada en Cedeira e unha das directoras do festival, impartirá o obradoiro “O proceso creativo” os días 26 e 27, tamén no Auditorio, de 17.00 a 20.00 horas. O taller estará adicado a traballar a estrutura narrativa, explorando historias universais e combinándolas con relatos íntimos e persoais. O prezo é de 12€.
Guillermina Brandauer, de Bos Aires, e Francesc Torrent Gironella, de Barcelona, dirixirán o seguinte obradoiro, que leva por título “O corpo do creativo”. Será os días 26 e 27, de 10.30 a 13.00 horas, e no mesmo veranse algunhas estratexias para traballar: capacidade de escoita e reacción, fluxo de movemento (percepción do espazo, ritmos e relación dos corpos, continuidade da atención, resposta O preso do taller é de 12 €.
O último obradoiro será os días 26 e 27 de outubro, na Sala áncora, de 17.00 a 20.00 horas. O artista Juan Martín Ortiz, de Bos Aires, impartirá dúas sesión sobre “Máscaras balinesas”, que se converterán en ferramentas teatrais e expresivas. A inscrición custa 12€.
As persoas interesadas en participar en calquera destes obradoires poden inscribirse enviando un mail a enrique.vazquez@cedeira.gal ou ben chamando ao número de teléfono 649 876 614.
O festival “Desde a nada” abranguerá tamén tres espectáculos, todos moi relacionados co movemento: “Perder a lingua” da Cía Eva Comesaña, “Alleo” de Colectivo Glovo e “Outrora Nós” de Mevadeus”, que se representarán no Auditorio Municipal os días 18, 23 e 27.
O programa complétase con cinco “Encontros” con profesionais do sector, os días 19, 20, 24, 25 e 27, para abordar temas como a creación e produción dun espectáculo ou as posibilidades de transformación social a través das artes escénicas.