O Pazo da Cultura de Narón proxecta a película de animación Arrugas

Ignacio Ferreras dirixe a segunda das películas do ciclo de Cine de animación que se poderá ver este mércores 25 no Pazo da Cultura de Narón, Arrugas.

Trátase dunha proposta organizada polo Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura, e o Cineclube Serie B e con entrada de balde. A partir das 20:00 horas poderase ver esta película, cos actores Mabel Rivera, Tacho González, Montse Davila e Álvaro Guevara entre o seu elenco.

Dous anciáns que residen nun xeriátrico, Emilio e Miguel, son os protagonistas. Un deles ten alzheimer e o seu amigo acompáñao neste período tan difícil da súa vida, que non estará exento de humor disparatado e tenrura nas súas vivencias do día a día.

Trátase dunha longametraxe en 2D para público adulto baseado no comic homónimo de Paco Roca. A vindeira proxección deste ciclo será o día 2 de outubro, cando se poderá ver o film “Psiconautas” e o día 9 dese mesmo mes “La vida de calabacín”.

Co fin deste ciclo continuará no Pazo o ciclo de Cine europeo, do 30 de outubro ao 20 de novembro, tamén ás 20:00 horas e con entrada de balde.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …