O local social do Alto en Narón acolle o “IV Torneo promoción de xadrez”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou con Juan Manuel Caneiro e Luisa García, presidente e vicepresidenta respectivamente do Círculo Xadrez Narón, a cuarta edición do Torneo promoción de xadrez –circuíto galego- que se desenvolverá este sábado 21, no centro cívico social do Alto do Castiñeiro.

O prazo deinscrición neste evento permanecerá aberto ata este xoves, día 19, ás 12:00 horas, podendo tramitalas a través da web: www.xadreznaron.es.

A Federación Galega de Xadrez organiza a convocatoria co Círculo xadrez Narón e o Concello de Narón, contando coa colaboración doutras entidades e empresas.

Os representantes do club local indicaron que se trata dun evento dirixido a nenos para os que se estableceron as categorías sub 8 (promesas), sub 10 (benxamíns), sub 12 (alevíns) e sub 14 (infantís) e recordaron que para poder participar é preciso estar federado na tempada actual. A día de hoxe está confirmada a asistencia de xogadores de xadrez locais e tamén procedentes doutros concellos.

As diferentes roldas, un total de sete, comezarán a xogarse ás 11:00 e sucederanse cada hora pola mañá ata as 13:00 e pola tarde de 16:00 a 19:00 horas, estando previsto o remate da convocatoria e a entrega de premios sobre as 20:00 horas, tal e como indicaron dende o club local.

Haberá trofeos para os cinco primeiros clasificados de cada categoría, medallas para todos os participantes e tamén se repartirán agasallos entre os participantes trala realización dunha serie de sorteos.

O concelleiro de Deporte, Ibán Santalla, valorou o feito de que un ano máis se celebre en Narón este torneo e animou a inscribirse no mesmo a todas as persoas interesadas. A sí mesmo, felicitou ao club local polo labor que desenvolve ao longo do ano e animouno a continuar traballando na actual tempada ao igual que nos últimos anos.

Lea también

El racinguista Jesús Ruiz es el cuarto portero con más paradas de LALIGA Hypermotion

El guardameta del Racing Club Ferrol fue seleccionado por los aficcionados como jugador Estrella Galicia …