Bonificación en Narón de taxas por subministro de auga, saneamento e recollida de lixo

As solicitudes en Narón para a bonificación das taxas de subministro de auga potable, saneamento e recollida de residuos sólidos urbáns poderán presentarse ata o vindeiro 20 de setembro (incluído).

As instancias poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, no Rexistro Municipal do Concello –neste último caso, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas- ou por calquera dos outros medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Os impresos a cumprimentar e a información sobre estas bonificacións poden solicitarse no Rexistro municipal ou no departamento de Xestión de Ingresos, no cuarto andar do Consistorio, donde tamén se ofrecerá información sobre os beneficiarios destas bonificacións.

As persoas que teñan concedida a bonificación e se atopen nas mesmas circunstancias que se tiveron en conta o pasado ano para a citada concesión non é preciso que a soliciten de novo.

Nos casos nos que a situación variase ou teñan concedido o 50% da bonificación e cumpren agora os requisitos para que se lles recoñeza o 75% deben acreditalo para poder incrementar esa bonificación.

Lea también

Narón recibe do CPR Jorge Juan os carballos plantados polo alumnado de 1º da ESO

O edil de Medio Ambiente do Concello de Narón, Manuel Ramos, visitou as instalacións do …