Mellora da seguridade en As Pontes entre a r/Celso Emilio Ferreiro e a avenida de Vilalba

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado polo concelleiro de Obras e Infraestruturas, Roberto Rivera, e o presidente da Asociación de Veciños de Pontoibo, Luis Ameneiro, visitaba as obras de instalación dunha rotonda na intersección entre a rúas Celso Emilio Ferreiro e Meidelo, e a Avenida de Vilalba.

O cruzamento entre estes vieiros trátase dun dos “puntos negros” da seguridade viaria pontesa, rexistrando varios accidentes de diversa gravidade; polo que esta obra vén a atender as demandas que os veciños destas rúas viñan manifestando nos últimos tempos.

Segundo manifestaba o alcalde Valentín González Formoso, esta obra, que está sendo executada con cargo a fondos propios do Concello das Pontes, forma parte do compromiso adquirido polo equipo de goberno pontés cunha política de mellora de seguridade viaria e eliminación de puntos críticos existentes no termo municipal.

Coa instalación desta rotonda agárdase, por unha banda, cumprir con ese obxectivo, e tamén atender as demandas dos veciños mellorando tanto a súa seguridade, como a dos peóns e vehículos que transitan esas rúas.

Lea también

Casa Ignacio proclamouse como o mellor petisco do IV Saborea Cerdido

Acadou o galardón ao acadar 847 puntos nunha edición na que participaron máis de 300 …