Narón acolle a “XXIV Festa da ameixa rubia”

A vixésimocuarta edición da Festa da ameixa rubia celebrarase o día 4 de agosto no paseo marítimo de Xuvia. Así o anunciaron as edís de Festas e Promoción Económica, Mar Gómez e Olga Ameneiro, respectivamente, que presentaron a programación da convocatoria xunto con Patricia Romero, vogal da AVV Altea, da citada parroquia.

A festa comezará pola mañá, cunha sesión vermú de 13.00 a 15.00 e un xantar a partir das 15.00 horas cun menú a base de ameixa rubia á mariñeira, churrasco, sobremesa e bebidas a prezos populares.

Os tickets poderán adquirirse na cafetería da AVV Altea, ou chamando para reservarlos ao número de teléfono 981 393 561. Tralo xantar haberá música de novo a partir das 17.00 horas e previamente, de 16.00 a 18.00 xogos tradicionais.

A música continuará de 18.00 a 19.00 horas co concerto de Brais das Hortas e ás 19.30 será a xa tradicional Festa da escuma, tal e como avanzaron dende a organización.

Dende o Concello de Narón e a AVV Altea animouse á veciñanza deste e doutros concellos a acudir a esta festa, «para desfrutar da música, dos xogos e, como non, dun dos produtos máis característicos e apreciados da nosa ría, a ameixa rubia».

Lea también

Lidl alcanza las 40 tiendas en Galicia con su nueva apertura en Narón

Lidl abrirá este viernes su primera tienda en la localidad coruñesa de Narón, estreno con …