Equiocio Ferrol convoca o festival de mascotas para destacala aportación dos animais ó fogar

Equiocio Ferrol abrirase o xoves 1 de agosto, cunha tarde de lecer familiar. Unha oferta na que non pode faltar todo un clásico do certame: o festival de mascotas. A proposta reivindica a aportación dos animais de compañía, que teñen a consideración de membros da familia, á convivencia nos fogares.

Patrocinado por Hill ´s o festival arrincará ás 19 horas e porá en valor os beneficios de ter unha mascota na casa sen esquecer as responsabilidades que conleva. A iniciativa busca ademais fomentar o coidado dos animais e impulsar a adopción dos cans e gatos que enchen tanto o Refuxio de Mougá como as protectoras que traballan na comarca.

No evento, as persoas propietarias deberán presentar ao público asistente os seus animais de compañía, explicando o vínculo que os une a eles, o que aporta a súa presenza no ámbito familiar ou a súa propia historia. Todas as mascotas recibirán un agasallo.

A maiores, o xurado outorgará tres premios especiais. Así, recoñecerá á mascota que sexa exemplo de superación, á que destaque pola excelente interacción cos seus humanos, e tamén a xenerosidade e dedicación da familia. En definitiva, premiarase o aspecto emocional fronte a cuestións como a raza ou beleza.

O xurado estará integrado pola delegada de Hill ́s en Galicia, Natalia García; Amparo Blanco, representante da Protectora Arco da Vella; Montse Fernández, veterinaria que colabora habitualmente coas protectoras da zona; Beatriz Capón, de Peluquería canina A Malata; e a bióloga e coordinadora da colonia felina de Ferrol Vello, Juana Pardo.

As bases do festival, que estará presentado por Esther Guimaré integrante de Affinor, poden consultarse en www.equiocio.es. As inscricións realizaranse no propio certame, cubrindo o boletín de inscrición (pode descargarse na páxina web ou solicitarse no evento) e entregándoo ata un cuarto de hora antes do inicio da actividade.

Os animais deberán presentar un bo estado de saúde e estar debidamente coidados. No caso de especies exóticas, terá que acreditarse a súa propiedade e situación legal.

Equiocio contará na súa 33 edición co patrocinio, entre outros, do Concello de Ferrol, Deputación provincial da Coruña, Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Gadis e Estrella Galicia.

Lea también

Ferrol adjudica la nueva línea de media tensión del complejo deportivo del pabellón de A Malata

El complejo deportivo del pabellón de A Malata lleva desde 2021 recibiendo electricidad mediante un …