A concelleira de Turismo Patrimonio Histórico de Ferrol, María del Carmen García; a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; a o director da Cátedra en Arqueoloxía e Educación Patrimonial, o profesor da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, Juan Luis Montero Fenollós; e a responsable das Visitas Guiadas do Programa «Arqueoloxía en Familia», Lucía Brage, entregaron no Centro Cultural Torrente Ballester, os diplomas de asistencia e aproveitamento a unha parte dos preto de 30 nenos de entre 8 e 12 anos que participaron nesta iniciativa.
Ao longo das xornadas do 2 e 9 de xullo, cada un dos nenos participantes puido escavar, coa axuda dunha persoa adulta, a cuadrícula que se lle asignou no xacemento do Arqueódromo. Logo de desenterrar as pezas ocultas baixo a area, Lucía Brage compartiu coa rapazada e as súas familias como é o traballo posterior no gabinete, un lugar onde se miden, fotografían e se estuda con detalla cada un dos achádegos.
As visitas guiadas enmárcase dentro do programa de actividades impulsadas pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial que promoven conxuntamente o Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña.