Mellora en Cabanas coa iluminación nos pasos peonís e adquisición dunha furgoneta

O Concello de Cabanas contará cunha nova furgoneta para o departamento de servicios viarios grazas a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Conselleria de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia. Mediante esta subvención, recíbese 30.000€ e o Concello aporta 10.000€ para proceder á compra da mesma.

O novo vehículo será de baixas emisións e permitirá substituír a furgoneta existente, con diversos problemas pola súa antigüedade. O cambio tamén permitirá mellorar a loxística e capacidade de transporte, ao ser de maior volume e prestacións.

 
Noutro orden de cousas, o Concello de Cabanas anuncia a mellora da iluminación nos pasos peonís do termo municipal. Xa están novas luces postas no de o Areal e tamén no de Laraxe, continuando a instalación aos demáis próximamente.
 
A nova iluminación mellora notablemente a seguridade vial, permitindo unha maior visibilidade dos peóns, reforzando así a infraestructura existente para un cruce da estrada con todas as garantías.

Lea también

Entregado o segundo gran premio do MercAres 2025-2026

A veciña Mari Carmen Fernández Truébano recibiu das mans da concelleira de Comercio, Lucía Blanco, o segundo …