Ramón Muíños e María Martínez gañadores do maratón da VII Trail das Bestas

A área recreativa da Veiga acolleu a sétima edición do Trail das Bestas no que se deron cita 365 atletas en tres modalidades de participación 42km, 27km e 12 km, e unha andaina de 12km que este ano se estrou como campionato galego de maratón.

Ramón Muíños, do club de Atletismo Sada, cun tempo de 04:32:31, proclamouse  gañador do maratón da VII edición do Trail das Bestas no concello de Muras mentres que Roberto García González, do Tribu Trail (04:39:22) e David Martínez Rodríguez do C.D Camovi (05:14:25) ocupaban a segunda e terceira praza respectivamente.

Pola súa banda, María Martínez do Club Atletismo Porriño impoñíase na categoría feminina cun tempo de 05:53:29 e estivo acompañada no podium por María Del Rosario Figueroa do Atletismo Samertolameu (06:02:09) e Belén Riadigos Cardigonde cun tempo de 06:27:56.

No caso da proba de 27 quilómetros, o gañador foi Adrián Mosteiro cun tempo de 02:24:46, o segundo clasificado foi Emilio Montilla cun tempo de 02:29:33 e o terceiro lugar ocupouno Rupo Regueira (02:33:18)

Na mesa distancia, categoría feminina, a gañadora foi Tamara García (03:14:41) que estivo acompañada no caixón por Kenia Estrada ( 03:22:21) e Patricia Saéz (03:40:54) Gustavo González proclamouse vencedor da proba de 12 quilométroos, cun tempo de 01:08:36 mentres que o segundo lugar foi para Brais García (01:10:00) e o terceiro lugar foi para José Manuel Díaz (01:11:21) na categoría feminina, a gañadora foi Claudia Fernández (01:18:01), Julia Salvado foi a segunda clasificada (01:23:14) mentres que Estefanía Muras alzouse co terceiro lugar, cun tempo de 01:23:58.

Lea también

El CD Lugo pone a la venta 386 entradas para la afición del Racing de Ferrol que se desplace el sábado al Anxo Carro

Si se agotan las entradas visitantes, se abrirán sectores en el fondo sur a precio …