A Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes presenta un caderno de fotografías antigas

Praza da Igrexa das Pontes

Na actualidade o Museo conta cun arquivo dixital de máis de 3.500 instantáneas, que foron doadas pola veciñanza das Pontes e que recollen boa parte do pasado recente da vila das Pontes de García Rodríguez, dende finais do século XIX ata o XX.

Este novo caderno que leva por título «O paso do tempo», está financiado con cargo a unha achega da Deputación da Coruña para o ano 2023, e recolle unha escolma das imaxes máis significadas en cada un dos eidos sobre os que o autor José María López Ferro, realiza unha crónica dando conta dos feitos máis salientables durante o século XX.

A vella escola, a emigración, o agro, os oficios, a industria, o urbanismo, as festas e romarías, o deporte…, son algunhas das temáticas sobre as que versa este novo caderno, que vai xa polo seu número 6.

O acto de presentación pública será conducido por López Ferro autor da obra e cronista oficial das Pontes, que estará acompañado polo escritor Ramón Loureiro quen realizou o prólogo e ten unha fonda relación coa vila das Pontes.  A presentación terá lugar o vindeiro venres día 12 de xullo ás 19:00 horas na Praza da Igrexa das Pontes. A entrada será de balde e os asistentes recibirán un exemplar gratuito da obra.

Fuente Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado

Lea también

Exhibición de la Unidad Canina del Tercio Norte dentro de la IV Fiesta del Marisco de Ferrol

Además éste miércoles a la tarde habrá un Simulacro de Rescate Marítimo en el que …