A piscina municipal da Gándara en Narón, estará aberta en xullo en horario de mañá

A piscina municipal do complexo polideportivo da Gándara, Narón, permanecerá aberta para sesións de baño libre durante este mes. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, que recordou que se poderá acudir ás instalacións de luns a venres entre as 8:00 e as 13:15 horas, con sesións de de 45 minutos.

O edil naronés recordou que durante o mes de agosto as instalacións permanecerán pechadas, como é habitual, para realizar tarefas de mantemento.

Lea también

Narón colabora nun curso de cría de abellas fronte á crise das colmeas

O Concello de Narón, a través da concellería de Medio Ambiente, colabora coa Delegación en …