Convocado o VI Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade

As propostas, que deben fomentar a igualdade de xénero a través da visibilización do papel histórico, económico, social e cultural das mulleres, poderán enviarse ata o 23 de xullo. Dotado con 100.000 euros, concederá oito premios por un importe máximo de 12.500 € cada un.

Dende o 29 de xuño e ata as 14 horas do 23 de xullo está aberto o prazo de admisión de propostas para o VI Premio Luísa Villata a proxectos pola igualdade, convocado pola Deputación da Coruña. Con un orzamento total de 100.000 euros, o certame concedera oito premios por un importe máximo de 12.500 € cada un.

Obxectivos do certame

O concurso ten por obxecto o fomento da igualdade mediante a realización de proxectos que poñan en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres e contribúan de xeito relevante ao avance no asentamento social da aposta pola igualdade de xénero, a loita contra a violencia de xénero, a diversidade sexual e interseccionalidade.

“Queremos recoñecer e consolidar propostas que contribúan a rachar coas desigualdades de xénero en todos os espazos da vida”, apuntou a deputada de igualdade, lingua e dereitos civís, Soledad Agra. “Por iso, premiamos proxectos que fomenten unha sociedade máis feminista e igualitaria”.

Os proxectos poden ser de calquera disciplina artística (música, literatura, escena, imaxe, arte urbana…) e poderán ser de sensibilización, educación, empoderamento, investigacións, etc. Todos eles deben procurar a visibilización da muller no campo social e cultural.

Proxectos premiados na pasada edición

A peza escénica As damas de Ferrol, de Teatro do Noroeste, e os programas de sensibilización ‘As Marías: mulleres creadoras fronte ás violencias’, da ONG Ecos do Sur, e ‘Mulleres da rúa’, da A.V. Oza Gaiteira Os Castros, foron os gañadores na pasada edición do premio.

Convocatoria e bases

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da convocatoria realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña: https://sede.dacoruna.gal

As bases foron publicadas no BOP número 107, do pasado 4 de xuño, e poden consultarse descargarse nesta ligazón: Bases.

Lea también

Pedro Blanco confía en la comisaria Cristina Ochoa para que Ferrol mantenga sus altos niveles de seguridad

El delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, ha recibido en la Delegación del Gobierno …