PSOE Ferrol lamenta que o Goberno local non inste á Xunta a financiar o EI3

O Grupo Municipal Socialista de Ferrol lamenta profundamente a decisión do goberno municipal do Partido Popular (PP) de votar «en contra da moción presentada para instar á Xunta de Galicia a financiar o proxecto do Centro de Investigación en Industria Intelixente (EI3) de Ferrol». «Este posicionamento evidencia unha clara priorización dos intereses partidistas sobre os intereses da cidade e o seu desenvolvemento».

«O futuro Centro de Investigación en Industria Intelixente (EI3), promovido pola Universidade da Coruña (UDC), é un proxecto de gran relevancia para o desenvolvemento económico, tecnolóxico e educativo de Ferrol e a súa comarca».

«Este centro proxéctase como un polo de innovación, con áreas de investigación clave como robótica industrial, materiais, optimización de procesos industriais, enxeñería naval e offshore, xestión industrial, e deseño e desenvolvemento de produtos».

«O proxecto do CI3, que se ubicará na avenida de Esteiro, representa un investimento significativo de 22,262,293 euros. Prevese que este centro xere emprego de alta cualificación, atraia talento nacional e internacional, e fortaleza o tecido empresarial local.»

«Ademais, o CI3 complementará o CMI Navantia-UDC e colaborará co Centro de Excelencia do Xemelgo Dixital do CIS».

«A pesar da importancia do proxecto, o goberno municipal do PP decidiu votar en contra da moción, impedindo que se inste á Xunta de Galicia a comprometerse co financiamento do EI3».

«Vostede Sr Rey deixa claro que vai antepoñer sempre os intereses do PP aos da cidade, esquecendo que é o alcalde. Se queremos que a xente moza quede a vivir aquí e aproveitar o talento das mozas e mozos que se forman na nosa Universidade temos que apostar pola investigación e o desenvolvemeto. Agora vostede decide non reclamarlle a Xunta ás sus competencias, poñendo por diante intereses partidistas e obstaculizando un proxecto que busca dotar de máis valor engadido o tecido industrial da nosa comarca, apostando para incorporación das novas tecnoloxías de dixitalización o sector naval e enerxético, entre outros,» afirmou Ángel Mato, voceiro socialista.

«O Grupo Municipal Socialista seguirá traballando para queeseCentro Tecnolóxico sexa unha realidade, para que Ferrol poida beneficiarse das oportunidades de crecemento e desenvolvemento que este centro traerá consigo. Quite a gorra do partido popular, reclame o que a cidade necesita, reconsidere a súa posición e antepoña os intereses da cidade e os seus cidadáns sobre calquera cálculo partidista,» concluíu Ángel Mato.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …