Fene traballa na recuperación de camiños reais e pistas forestais

O Concello de Fene, a través da área de Servizos, iniciou os traballos de recuperación de camiños reais e pistas forestais nas distintas parroquias. Estas tarefas inclúen rozas de maleza e o acondicionamento do firme mediante o uso dunha retroescavadora e a aportación de grava, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e seguridade nestas vías.

A concelleira de Servizos, Sandra Permuy, destacou a importancia destas tarefas “para a conservación e posta en valor destas infraestruturas rurais, así como para a preservación do noso medio natural e a prevención de incendios”. Permuy tamén salientou que a recuperación destes camiños “é unha das principais demandas da veciñanza destas zonas, á que estamos a dar resposta desde o goberno local”.

As labores comezaron na parroquia de Barallobre, onde o persoal municipal está a executar as primeiras intervencións. Ao remate destas, prevese  que estes traballos continúen gradualmente ao resto de parroquias do concello, beneficiando ao conxunto da veciñanza fenesa.

Con estes traballos, o Concello de Fene reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostíbel e a mellora da calidade de vida, asegurando que tanto os camiños reais como as pistas forestais estean en boas condicións para o seu uso diario.

Lea también

Liberada una persona con un brazo atrapado en una máquina agrícola, en Monfero

Efectivos del Parque Comarcal de Bomberos, con base en As Pontes, han liberado a una …