AXF e Alcer Coruña organizan unha charla sobre «A doazón de órganos»

Con motivo  de sensibilizar e continuar traballando en rede a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra AXF celebra na núa sede unha charla sobre o «A doazón de órganos» que será impartida por Rafael Rodríguez Presidente da asociación Alcer Coruña.

Para asistir á mesma que terá lugar o 5 de xullo ás 12:00 horas da mañá no local da AXF cómpre  chamar ou enviar un whatsapp ao 604070252.

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolerra (AXF), entidade de carácter comarcal, declarada de Utilidade Pública; representa á comunidade xorda desde 1972, como único recurso específico para persoas xordas na comarca de Ferrolterra, procurando a eliminación das barreiras comunicativas que dificultan o seu  pleno desenvolvemento, ademais de proporcionar os servizos necesarios para lograr a maior calidade e autonomía posíbel.

Lea también

Heridos leves un conductor y dos menores tras colisionar su coche, sin ITV, contra otro en Caranza

Pasadas las dos y media de la tarde de este lunes, día 23,  se registró …