O grupo socialista de Ferrol afeou a «falta de iniciativa» do Goberno local «á hora de captar fondos doutras administracións» e, a este respecto, afirman os socialistas que «dende a chegada do PP ao Concello non só se están a perder axudas xa concedidas, senón que nin optan a novas subvencións, o que produce unha paralización no investimento público da cidade».
«Neste caso concreto, o goberno do Partido Popular confirmaba as preguntas do grupo socialista na comisión de Urbanismo, que nin solicitara a axuda pola que se podía recibir por parte do INEGA ata 50.000 € para actuacións de eficiencia enerxética».
«Sobre esta cuestión, o GMS indica que o pasado 19 de marzo pubicábase no DOG o anuncio polo que se establecían as bases reguladoras das subvencións para apoio de proxectos con fins de aforro enerxético de fomento do uso racional de enerxías renovables».
Segundo aseguran os socialistas, todo isto ven derivado dunha «notable falta de xestión e ambición por parte do alcalde, que vemos materializada na perda de subvención para a mellora do Camiño Inglés no entorno da praia de Caranza, ou a renuncia a presentar solicitudes de subvencións en materia cultural, deportiva entre outras».