O BNG de Ferrol califica como «deja vu» o primeiro ano do Goberno local

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, fixo balance do primeiro ano de goberno de Rey Varela que cualificou como un «deja vu».

«Un ano no que se retoman as políticas aplicadas no anterior mandato do actual alcalde, cunha suba de taxas destinada a cubrir as costas de empresas de xestión privada como EMAFESA, se retrocede nos escasos e tímidos avances na recuperación do espazo público para as persoas fomentando o uso do coche e se retoma a senda da austeridade promovendo o adelgazamento da administración pública, que ten actualmente cuberto escasamente o 48% das prazas, mentres se fomenta a privatización e non se executan os investimentos previstos».

«Asi mesmo considerou significativo que o Partido Popular aínda ten pendente abordar os dous principais problemas da cidade: o emprego e a mobilidade».

Neste senso Ivan Rivas considera que «o goberno local no abordou a situación do emprego na cidade desde unha perspectiva ampla, reforzando o plantel municipal nunha cidade onde o 48% dos postos da administración local están vacantes e por outra esixindo ao resto de administracións implicadas o cumprimento dos compromisos adquiridos coa cidade de Ferrol».

«A Xunta de Galiza promovendo a zona franca prometida e comprometida desde hai anos e ao Estado dotando da carga de traballo coa que asegurou que dotaría aos estaleiros da ría».

En canto a mobilidade, Iván Rivas, sinala que «o concello debería asumir as responsabilidades que lle son propias constituíndo unha empresa municipal de transporte para dar solución á cada vez máis precaria situación do transporte público na cidade e á que se suma o cada vez máis evidente abandono das infraestruturas ferroviarias». «Cómpre avanzar decididamente na renovación das infraestruturas ferroviarias de saída da cidade e compre que o alcalde e o goberno local se poñan dunha vez ao fronte desta reivindicación».

«Así mesmo e mentres non avanzamos nalgún destes aspectos significativos para o futuro da cidade asistimos a unha nova suba da auga para salvagardar os intereses económicos da empresa EMAFESA tal e como se fixera, por parte deste mesmo alcalde, no período 2011-2015».

«Outra constante foi contracción do gasto público, cuns orzamentos que por moito que se aproben se non se executan é como se non existisen, na liquidación dos orzamentos do ano 2023 comprobamos que tan só se executou un terzo dos investimentos recollidos. Tamén vivimos un novo retroceso na recuperación das rúas para a xente o que ten provocado un evidente caos circulatorio no centro urbano».

Iván Rivas salienta que «a pesar disto e neste contexto político onde o PP pretendeu limitar o debate público coa aprobación dun novo regulamento de funcionamento municipal que lle permite contratar persoal ao seu servizo sen ter que dar contas a ninguén mentres a administración local e o persoal funcionario languidece, desde o BNG xunto a diversos colectivos da cidade fomos quen de poñer cando menos o primeiro chanzo para a rehabilitación de figuras significativas do noso pasado como Benito Vicetto ou paralizar a deriva do PP para marxinar o uso do galego na administración local mediante unha iniciativa que o excluía dos procedementos de contratación pública e que tivo que rectificar».

«Por estes motivos o portavoz nacionalista solicitou do Alcalde da cidade que levante a vista e deixe de mirar cara o pasado na procura de solucións para unha cidade que está demandar un cambio de rumbo e que acumula moitos anos de atraso en políticas de xestión pública de servizos básicos como o auga, no fomento dunha mobilidade sustentable e recuperación das rúas para a xente, no desenvolvemento dunha cidade moderna con grandes zonas verdes ou na conformación dun administración pública forte con persoal suficiente para resolver os problemas da veciñanza»

Lea también

La AVV A Magdalena celebró el «Día de la Música» con Pregón y destacadas actuaciones de «Añoranzas» y Coro Rociero

De auténtico y destacado espectáculo se puede calificar el ofrecido en la tarde de este …