Narón acolle as finais da Copa Deputación de Fútbol

O Estadio Municipal Río Seco de Narón acolle este sábado 22 de xuño, as finais masculina e feminina da Copa Deputación da Coruña de Fútbol. A entrada será de balde para o público.

Tras as eliminitorias disputadas o pasado domingo, pola mañá disputaranse os partidos para o terceiro e cuarto posto e pola tarde as finais masculina e feminina programadas cos seguintes horarios:

-Final feminina 16.30 horas. Victoria B CF – EFM Boiro

-Final masculina 19.00 horas. San Tirso SD – SD O Val de Narón

Ás 20.45 horas, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, xunto con directivos da Federación Galega de Fútbol e representantes do Concello de Narón serán os encargados de entregar a Copa aos equipos gañadores.

Fuente Diputación de A Coruña

A Copa Deputación da Coruña  repartirá este ano un total de 28.000 euros en premios, recibindo 5.000 euros e un trofeo os campións, 4.000 euros os subcampións, 3.000 euros os terceiros clasificados e 2.000 euros os cuartos.

Os equipos gañadores das categorías masculina e feminina da Copa Deputación da Coruña conseguirán unha praza para a Supercopa Deputación, que disputarán cos gañadores das outras competicións homólogas que se xogan nas provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense. O vencedor da Supercopa Deputación participará na fase previa da Copa do Rei de fútbol a vindeira tempada.

Toda a información, resultados, incidencias e notificacións desta competición realizaranse a través da páxina web www.futgal.es e a intranet da propia federación, nunha xanela específica para a I Copa de Fútbol Afeccionado Deputación da Coruña.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …