A petición do BNG, celebrouse unha reunión cos representantes de todos os grupos políticos que forman a corporación, a concesionaria do SAF e representantes sindicais das traballadores deste servicio
O BNG de Narón non entende como o goberno municipal «non actúa ante un despedimento ilegal dunha persoa traballadora da empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), cando este é un servizo que contrata o concello e polo que ten que responder ante os usuarios do mesmo, xa que é un servizo público prestado pola administración, dándolle igual aos usuarios que sexa prestado pola propia administración ou por unha empresa privada».
«Este despido é ilegal por ser unha representante sindical a persoa despedida e porque foi declarado improcedente por un xulgado. A traballadora sufríu unha enfermidade que non lle impide traballar, foi considerada apta para atender perfectamente a persoas con necesidades de grado tres, que están nunha lista de espera demasiado grande».
“Non entendemos como o goberno municipal pode mirar para outro lado ante situacións coma esta, tendo suficiente marxe de maniobra para que se chegue a un acordo e se volva a readmitir a esta traballadora”, indica Olaia Ledo, portavoz municipal
“Non podemos permitir tampouco á empresa concesionaria que esteña a reducir horas de atención aos usuarios e usuarias avisando con tan só un día de antelación, nin que reduzan horas xa concedidas alegando que non teñen persoal, debemos ter en conta que os coidados non deben de ser un lucro e loitar contra a precarización dos mesmos e das traballadoras do servizo”, afirma Ledo.
Se adxunta as declaración de Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón