O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixe ao goberno local «a reposición das prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida na rúa da igrexa e nas inmediacións do teatro Jofre».
«Tras a finalización das obras de urbanización da rúa da igrexa as prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida que existían nas inmediacións do teatro Jofre non foron repostas coas conseguintes molestias que causan as persoas usuarias das mesmas».
O BNG considera que «a mobilidade que promove o goberno local de Ferrol aparte de anacrónica polo seu afán desmedido pola utilización do vehículo privado recuperando para o mesmo espazos que tiñan gañado as e os peóns para o seu goce esquecese das necesidades daquelas persoas con mobilidade reducida».
O BNG lembra que «xa tratou esta cuestión hai semanas na correspondente comisión informativa municipal sen que o goberno local de Rey Varela tivera correxido esta situación polo que o conmina à recuperación inmediata destas prazas de aparcadoiro».