O alcalde de As Pontes, continúa coa rolda de visitas ó tecido empresarial da vila

O alcalde de As Pontes, Valentín Gonzélez Formoso continúa coa rolda de visitas ás empresas afincadas no municipio e, nesta ocasión, con todo un líder do sector da construcción e do transporte como é Construcciones Canosa.

Valentín González Formoso compartíu balanze do traballo que se desenvolve nestas instalacións co seu xerente, Javier Martínez Piñeiro. O rexedor local subliñou o liderato da compañía local no sector do transporte por estrada que “da man dos novos proxectos que se poden facer realidade nas Pontes, tamén verá incrementada a súa carga de traballo”.

No mesmo senso se expresaba Javier Martínez; o xerente da compañía pontesa apuntaba que, a día de hoxe, o seu principal nicho de mercado segue a ser o transporte por estrada e a execución de obras, aínda que a posta en marcha de proxectos coma Reganosa ou a fábrica de papel de Ence tamén suporán unha importante carga de traballo para esta lonxeva compañía local.

Construcciones Canosa leva case catro décadas en activo, dende a súa apertura en 1987 da man do seu fundador: Antonio Martínez Canosa, todo un experto no sector da construcción. A día de hoxe contan con preto de 70 empregados e desenvolven proxectos de obra civil, obras hidráulicas, urbanización de terreos ao que se suma o transporte por estrada.

Huso 29 Estudios y Construcciones

Afincada no Polígono dos Airíos, Huso 29 Estudios y Construcciones adícase á construción industrial, topografía e obra civil dende a súa fundación en 2005.

A día de hoxe conta cun cadro de persoal de 39 persoas e, en 2023, superaron os 3,1 millóns de euros de facturación, unhas cifras que, segundo explicou o propio José Otero, se superarán neste 2024.

A súa clientela maioritaria está en Galicia e, a día de hoxe, traballa con compañías coma Greenalia, Alcoa, Endesa, Rede Eléctrica, Gamesa ou Sogama, entre outros.

Lea también

Sequeiro toma el relevo como sede de la XXII Muestra de Asociaciones de Valdoviño

Está organizada por las entidades vecinales, culturales y deportivas, con la colaboración del Ayuntamiento y …