Prazo en Narón para comunicar a realización das fogueiras en San Xoán e San Pedro

O Concello de Narón manterá aberto dende este luns 10 ata o 21 de xuño (incluído) o prazo para informar da realización de fogueiras de San Xoán e San Pedro en espazos privados e para solicitar autorización para realizalas en espazos públicos.

Así o indicou o edil de Seguridade Cidadá e SPEIS, José Oreona, que explicou que os trámites se deben realizar chamando de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 ao número de teléfono 607 971 628.

Na instancia, a maiores dos datos persoais do solicitante e representación é preciso indicar o enderezo da residencia e a localización na que se levará a cabo a fogueira. No caso de que a fogueira se realice en espazos públicos será preciso, ademais de informar telefonicamente, presentar a documentación indicada no modelo A-ALC-04

Co fin de garantir a máxima seguridade nestas xornadas, tal e como se especifica nun bando asinado pola alcaldesa, Marián Ferreiro, haberá que cumprir unha serie de requisitos.

Entre eles, que a fogueira non supere os cinco metros de altura e tres de ancho; que estean a unha distancia mínima de 30 metros das vivendas ou de vehículos, instalación, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais; que non exista outra fogueira a menos de 100 metros; non queimar residuos perigosos ou tóxicos e vixialas ata a súa total extinción.

En caso de vento, deben extinguirse de inmediato, para evitar posibles perigos. As fogueiras San Xoán e San Pedro acenderanse a partir das 20:00 horas e deberán estar extinguidas ás 03:00 horas e no caso de emerxencia haberá que chamar ao teléfono 112.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …