Volven as Andainas por Fene

A primeira delas vai desenvolverse este sábado 15 de xuño na parroquia de Barallobre

A área municipal de Deportes de Fene e varias entidades socioculturais organizan de novo o programa «Andaindas por Fene» unha serie de andainas coas que descubrir a riqueza histórica e paisaxística do territorio fenés.

Trátase de saídas de distintas distancias que se completan en aproximadamente dúas horas ou dúas horas e medio de percorrido, pensadas para recrearse no patrimonio material e inmaterial e na natureza de cada zona, contando sempre como guía cunha persoa de cada parroquia que vai comentando o que se vai vendo a cada paso.

Ademais de promover hábitos de vida saudables, os itinerarios tamén teñen como obxectivo fomentar o coñecemento do concello por parte da veciñanza -e tamén das persoas de fóra que queiran sumarse-, así como reforzar os vínculos entre as entidades por medio dun programa de lecer compartido.

O primeiro destes paseos vai desenvolverse este sábado 15 de xuño ás 17.00 h. Sairase do local da ACDR Liga de Amigos de Barallobre -colaboradora nesta andaina- e logo continuarase polo Souto Grande, Camiño Revolto, Romariz, a Loira, o Castro, os Loureiros, o Penedo, as Chousas, Cocallo, Tras do río, Rúa Santiago e regreso ao punto de saída tras percorrer uns 5 quilómetros de dificultade media que se completarán en aproximadamente 2 horas.

A participación é de balde, pero cómpre anotarse (até o venres 14 de xuño ás 13.00 horas) chamando ao departamento de Deportes do Concello no 981 34 03 66/607 615 962

Lea también

Laura Aneiros, del Marina Ferrol, convocada por el Programa de Desarrollo de Entrenadores de Alto Nivel de la RFEN

      La entrenadora del equipo absoluto del Club Marina Ferrol, Laura Aneiros Dopico …