“XXX Torneo de balonmán Cidade de Narón”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou xunto con Alejandro Basoa e Paula Foces, presidente e vicepresidenta respectivamente do Club Balonmán Narón, o “XXX Torneo de balonmán Cidade de Narón”.

O edil naronés informou que a competición se levará a cabo o vindeiro 15 de xuño nas instalacións do pavillón polideportivo municipal da Gándara, en horario de mañá e tarde.

Os representantes do club local avanzaron que participarán na convocatoria, ademais do Club Balonmán Narón, os equipos Tirso de Molina, OAR A Coruña e Club Balonmán Culleredo-Opemat.

Os partidos, indicaron, disputaranse a partir das 10:00 horas, cando xogará a categoría alevín mixto, se ben dende as 12:00 horas xogarán os infantil masculino. No horario de tarde, retomarase o xogo de 18:00 a 20:00 horas, un tempo no que se xuntarán diferentes equipos para xogar entre eles.

Santalla destacou o labor que desenvolve o club local ao longo do ano e tamén o éxito desta convocatoria, que este ano alcanza nada menos que a súa trixésima edición. Así mesmo, animou á cidadanía a achegarse ao pavillón da Gándara a vindeira fin de semana para desfrutar do balonmán e animar aos clubs participantes

Lea también

O ciclo de Cine de Verán de Narón comeza coa proxección da película «Gisaku»

O ciclo Cine de Verán comezará en Narón mañá venres día 5, coa proxección da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *