Inscrición en Narón para asistir a charla “Celiaquía e menús sen glute”

A Biblioteca municipal de Narón acolle o vindeiro 11 de xuño unha charla sobre “Celiaquía e menús sen glute” para cuxa asistencia abrirá mañá mércores o prazo de inscrición.

Así o indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, que avanzou que a persoa encargada de impartila será Nuria Colmenero, representante da Asociación de Celíacos de Galicia e responsable do departamento de Restauración e Seguridade Alimentaria da citada entidade.

A charla dará comezo ás 18:30 horas e impartirase na planta soto da Biblioteca municipal. Que é a celiaquía, o diagnóstico da enfermidade, os síntomas e complicacións asociadas á mesma, consellos prácticos para elaborar menús sen glute… forman parte dos contidos que se abordarán na convocatoria, dirixida a público en xeral.

A cita, tal e como indicaron, representa unha oportunidade para aprender dunha experta na materia e poder resolver dúbidas relacionadas coa dieta sen glute, proporcionando ao público asistente coñecementos e ferramentas útiles para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.

Para poder asistir será preciso inscribirse previamente, debido ao aforo limitado, a partir deste mércores 5 ás 9:30 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións, tal e como explicou a edil naronesa.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …