As tres escolas infantís de Narón dispoñen de vacantes

A concelleira de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou da existencia de prazas libres para menores de 0 a 1 anos e de 2 a 3 anos nas tres Escolas Infantís Municipais, as da Solaina, A Gándara e Piñeiros, para o curso 2024-2025.

Recentemente o Concello publicou as listaxes dos menores admitidos en cada un dos centros -que se poden consultar no enlace:

http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/- e nos que non quedan vacantes na franxa de 1 a 2 anos.

As persoas interesadas en matricular aos seus fillos o vindeiro curso nas citadas vacantes poden entregar as solicitudes a través do Rexistro municipal do Concello, tal e como recordou Ameneiro.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …