Cabanas acolle a presentación do libro Pousando Antergos Laraxe vol. II

O Concello de Cabanas invita á veciñanza á presentación do libro Pousando Antergos Laraxe vol. II este venres 7 de xuño ás 20h na Casa da Cultura (Escola Laica). A entrada é libre.

O libro, elaborado por Andrés Fernández Rifón, é a continuación da primeira edición, na que a través de numerosas fotografías faise un repaso á historia e familias de veciños da parroquia de Laraxe.

No acto intervirán o alcalde do Concello de Cabanas, Fernando Couce; a concelleira de cultura, Vanesa Fontán; e o autor do libro, Andrés Fernández Rifón.

Dende o Concello queremos agradecer ao seu autor, pola súa dedicación e esforzo á hora de realizar este libro; así coma á Deputación da Coruña, pola súa colaboración na edición da obra.

Lea también

El BOE publica la declaración del puente de Cruzul, en Lugo, como bien de interés cultural

El Boletín Oficial del Estado (BOE) publicaba este jueves el real decreto por el que …