Narón aumenta o plantel do SPEIS con catro novos bombeiros

Un total de catro profesionais incorporáronse oficialmente ao plantel do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón.

Este luns 3 estiveron no Concello xunto co edil responsable da área, José Oreona, o oficial xefe da área de Intervención do SPEIS, Carlos Castro, e representantes do departamento de Persoal.

Pedro Peña, Antonio Bellón, Iván Pérez e Pablo Polo realizaron xa unha formación previa, de carácter teórico e práctico, e incorporaranse aos turnos do servizo o vindeiro 17 de xuño, tal e como se lles informou.

Nas vindeiras dúas semanas, de luns a venres, os profesionais realizarán un proceso adaptativo á sistemática operativa do servizo, trámite habitual no proceso de incorporación de novos profesionais ao SPEIS.

O plantel do servizo queda integrado por 22 efectivos na parte operativa, con bombeiros-condutores, xefes de dotación e xefe de área operativa. Oreona deulles a benvida a Narón e, en particular ao SPEIS, aos novos profesionais, aos que desexou sorte nesta etapa que inician no servizo.

Lea también

Odeón celebra el carnaval con una Fiesta Cantabaila inspirada en el cuento clásico de Hansel y Gretel

El Centro Comercial Odeón de Narón, organizará este lunes 16 de febrero una gran Fiesta …